02 Xul Maratón de Fútbol Sala Concello de Cartelle – Outomuro 2026
Este ano teremos unha nova edición do Maratón de Fútbol Sala Concello de Cartelle – Outomuro.
Tres días de deporte, emoción e bo ambiente nun dos eventos deportivos do verán no noso concello.
Terá lugar os días 10, 11 e 12 de xullo de 2026 no Pavillón de Pino Vilachá
Premios:
- Campión: 1.200 €
- 2º Clasificado: 500 €
- 3º Clasificado: 200 €
- Campión Consolación: Xamón + 50 €
- Campión Equipo Local: 200 €
- Subcampión Equipo Local: 100 €
Prezo da inscrición: 100 € por equipo
Habilitarase unha zona de acampada e piscinas para desfrutar dunha fin de semana completa.
As inscricións realizaranse a través das redes sociais @maratonoutomuro .
Anímate a participar e vive o mellor fútbol sala en Cartelle!

