Mellorada a accesibilidade do pavillón polideportivo de Cartelle

08 Nov Mellorada a accesibilidade do pavillón polideportivo de Cartelle

Así loce o polideportivo do noso concello tras as obras de reforma feitas para mellorar a comodidade, a seguridade e a accesibilidade dos usuarios, especialmente dos que teñen limitacións de movemento, discapacidade funcional ou outros problemas de saúde.

As obras realizadas foron as seguintes:
– Colocación de extintores a maiores.
– Recubrimento das columnas da cancha con protector acolchado de 10 cm para evitar danos nos xogadores por un posible impacto con elas.
– Colocación de máis de 180 asentos nas gradas.
– Execución dun baño nas gradas para non ter que baixar cada vez que se quere ir o servizo.
– Execución dunha rampla e da porta correspondente dende o exterior ata as gradas para que calquera persoa en cadeira de rodas ou con carriños.
– Adaptación dun baño para persoas con colostomía con todo o necesario para o cambio de bolsas da maneira máis sinxela posible.

Esta intervención contou co apoio financeiro da Deputación de Ourense e do Grupo De Desenvolvemento Rural Adercou , a quen agradecemos a súa implicación en mellorar as infraestruturas para goce dos nosos conveciños.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver
Privacidad