Novas normas para a obtención do permiso de conducir

08 Mar Novas normas para a obtención do permiso de conducir

Debido ás novas normas para a obtención do permiso de conducir, dende Educación Vial realizan unha campaña informativa para os concellos de España, á que queremos darlle difusión.

O PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO PERMISO DE CONDUCIR  no ano 2021 é o seguinte:

A DXT é o organismo que se encarga de emitir o permiso de conducir en España. Para iso, os aspirantes a condutores deben presentarse a un exame teórico e outro práctico para demostrar os seus coñecementos sobre as normas de circulación e habilidades ao volante.

Para realizar os devanditos exames, os aspirantes deben presentar unha solicitude previa e deberán informarse sobre a medidas fronte ao COVID-19 para a seguridade de todos. Dita información atópase na seguinte ligazón: https://sede.dgt.gob.es/es/permisos-de-conducir/obtencion-renovacion-duplicados-permiso/permiso-conducir/

Para obter os coñecementos necesarios para presentarse ao exame, poden prepararse de dúas formas:

  • A través dunha autoescola, onde eles se encargarán de proporcionar o material necesario,
  • ou por libre. Neste caso, podense consultar os manuais clásicos de circulación e repasar o aprendido con tests gratuítos en formato on- line.

Preme aquí para acceder a toda a información da Dirección Xeral de Tráfico a este respecto.

Lembra que a DXT ten automatizados unha gran morea dos seus trámites dende a súa sede electrónica para que podas facelos sen moverte da casa.

Medidas anti-Covid:

Co obxectivo principal de preservar as medidas de seguridade por mor da crise sanitaria do COVID-19, se vas de asistir a realizar un exame práctico ou teórico para obtención do permiso de conducir, ten en conta as seguintes medidas:

– Acode á túa cita de exame á hora á que che convocamos, e non antes.

– Podes asistir cun só acompañante no caso que sexas menor de idade, contas con mobilidade reducida ou con outras limitacións físicas.

– Deberás levar unha máscara cirúrxica ou FFP2 sen válvula de exhalación, debendo cubrir en todo caso nariz e boca.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver
Privacidad