10 Out Novo equipamento para o ximnasio municipal
Comprácenos anunciar que o Concello levou a cabo melloras no ximnasio municipal para ofrecer un espazo de acondicionamento físico de primeiro nivel.- Incorporamos novo equipamento entre o que cabe destacar dúas novas bicicletas estáticas, e unha gaiola de adestramento multifuncional.
- Optimizamos o espazo para ofrecerche máis comodidade mentres te exercitas.
- Efectuamos labores de mantemento para que todo estea en perfecto orde de revista.
Dende a área de deportes, estamos contentos de compartir estas melloras contigo e esperamos verte pronto no noso ximnasio municipal!
Horario continuo de 9:00 a 21:00 h
Tanto se estás a buscar manterte en forma, establecer novos récords persoais ou simplemente gozar dun lugar amigable para adestrar, o ximnasio do Concello é o lugar ideal para ti.