01 Dec O 26 de decembro, imos a PAZOLANDIA!!!
Un ano máis PAZOLANDIA, o gran parque de atraccións situado no Pazo dos Deportes Paco Paz, abrirá as súas portas polo Nadal.O Concello de Cartelle subvencionará o transporte e o ticket de entrada dos rapaces, a partir de 6 anos, interesados en asistir o venres, 26 de decembro de 2025. A Agrupación de Protección Civil colaborará na asistencia técnica con persoal que, de maneira voluntaria, acompañará e atenderá aos rapaces.
O horario de saída do transporte será ás 9:00h con recollida en Sande, San Tomé, Bouza… nas parades escolares habituais.
Para que os rapaces poidan asistir é preciso que os seus pais/nais/titores asinen a autorización que está dispoñible nas oficinas municipais.
Agardamos que sexan moitos os interesados e que gocen deste día de festa e lecer.
Leer bando
