17 Mai O Ciclo Mestre Mateo 2026 chega a Cartelle
O Concello de Cartelle participa unha edición máis no Ciclo Mestre Mateo, un circuíto de cinema itinerante promovido pola Academia Galega do Audiovisual, que ten como obxectivo achegar ás vilas e concellos galegos as mellores producións do noso cinema.
Grazas á colaboración coa Deputación de Ourense, veciños e veciñas poderán desfrutar dunha coidada selección de filmes dos Premios Mestre Mateo, considerados os galardóns máis relevantes do sector audiovisual en Galicia.
Este ciclo permite acceder, sen necesidade de desprazarse, a longametraxes, documentais e obras de gran calidade que representan o talento e a creatividade do audiovisual galego actual.
As proxeccións terán lugar no Auditorio Municipal Padre Manuel Feijóo, ás 19:00 horas, segundo o seguinte calendario:
- 22 de maio – Sirat
- 29 de maio – O silencio herdado
- 5 de xuño – 360 curvas
- 6 de xuño – Antes de nós
- 19 de xuño – Deuses de pedra
- 20 de xuño – San Simón
- 26 de xuño – Ao son da nova regueifa
- 27 de xuño – As liñas descontinuas
Unha oportunidade única para vivir o cinema galego en Cartelle e apoiar a nosa cultura.

