12 Set O Concello de Cartelle na procura da empregabilidade das persoas mozas
Dende o Concello de Cartelle participamos na convocatoria de subvencións da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia que pretende apoiar a integración no mercado laboral e a través dun programa dirixido a mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, que actualmente non estudan nin traballan.Se estás empadroado no Concello de Cartelle e queres optar á convocatoria dun posto de traballo durante 9 meses, que che procure unha práctica profesional necesaria para a túa integración sustentable no mercado de traballo, achégate ás oficinas municipais , ampliaremosche a información e axudarémosche a xestionar a solicitude.
As axudas recollidas nesta convocatoria están cofinanciadas nun 60 % pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027
