20 Mai Obradoiro de COSMÉTICA NATURAL en Cartelle
Queres aprender a coidar a túa pel de forma natural e sostible?Non perdas esta oportunidade e participa no obradoiro de COSMÉTICA NATURAL que teremos en Cartelle!
- Datas: 2 e 9 de xuño de 2026
- Horario: de 16:30 a 19:00 horas
- Lugar: Gardería de Outomuro (Cartelle)
Durante este obradoiro descubrirás como elaborar produtos de coidado persoal con ingredientes naturais, respectuosos coa túa pel e co medio ambiente.
- Inscricións: Concello de Cartelle
- Teléfono: 988 49 11 11
Prazas limitadas!
