21 Feb Obradoiro “Elaboración de Conservas”
O Grupo de Desenvolvemento Rural ADERCOU organiza, xunto coa Universidade de Vigo, un OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE CONSERVAS, que se celebrará no noso municipio, co obxecto de dar a coñecer a importancia dos produtos que da horta, aprender a conservalos, etc. Unha actividade enmarcada no programa PROXECTO DE APRENDIZAXE E SERVIZO: CONSERVANDO km0.
O obradoiro celebrarase no Centro Ecuestre O Mundil, o día 4 de marzo, en horario de 16:00 a 19:30 h.
As inscricións formalizaranse na Casa do Concello de Cartelle, no teléfono 988 49 11 11.
Prazas limitadas.