![Carteles envejecimiento activo Cartelle (1)](https://www.concellocartelle.es/cc/wp-content/uploads/2022/02/Carteles-envejecimiento-activo-Cartelle-1.jpg)
04 Feb Obradoiros de envellecemento activo
No Concello de Cartelle desenvolveremos uns obradoiros de envellecemento activo, para todos aqueles veciños maiores de 65 anos que queiran participar.
As sesións tratarán sobre a memoria afectiva, potenciación da creatividade e da intelixencia interpersoal a través da maxia, nutrición….
Os encontros serán de balde, os mércores, días 9, 16 e 23 de febreiro e 2 de marzo, en horario de 10:30 a 12:30 h.
Inscricións no teléfono 988491111 (preguntando por Noelia) ou no 988374646 (preguntando por Gustavo).