OBRAS DE CONSTRUCIÓN DE REDE DE SANEAMENTO NO NÚCLEO RURAL DE TEIXEIRA

construción dunha rede de saneamento no núcleo rural de Teixeira,

21 Xan OBRAS DE CONSTRUCIÓN DE REDE DE SANEAMENTO NO NÚCLEO RURAL DE TEIXEIRA

A execución do proxecto subvencionado consistiu principalmente na construción dunha rede de saneamento no núcleo rural de Teixeira, cuxas vivendas tiñan un sistema de depuración individual sendo o concello quen se encargaba por medio dun contrato cos veciños da recollida dos residuos de forma periódica.

As obras executadas pretenden o deseño dunha rede capaz de recoller as augas fecais das vivendas que compoñen o núcleo da Teixeira e conectalas coa rede xa existente procedente do núcleo da Lagoa, que discorre xunto ao regacho denominado da Teixeira, rede que no seu momento dimensionouse para ser capaz de admitir os caudais da nova
rede e de transportalos ata a fosa existente.

 

IMPORTE DA SUBVENCIÓN: 50.000,00€

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade Augas de Galicia

Obra financiada no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014- 2020 da Unión Europea

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver
Privacidad