OBRAS DE MELLORA NA E.T.A.P. DE CARTELLE

Mellora instalacións auga potable Cartelle

21 Xan OBRAS DE MELLORA NA E.T.A.P. DE CARTELLE

A execución do proxecto subvencionado consistiu principalmente na mellora das instalacións de tratamento de auga limpa para abastecemento na E. T.A. P. (estación de tratamento de auga potable) de Cartelle, situada na paraxe da Ruxidoira, xunto ao río Arnoia, e que presentaba algúns elementos que debido á súa antigüidade, eran susceptibles de mellora e optimización do rendemento de tratamento.

Tamén a capacidade de depuración era escasa para facer fronte á demanda que se produce nos meses estivais, e insuficiente para un previsible aumento do consumo, xa sexa por aumento de poboación ou por incremento das dotacións, polo que proxectóuse a renovación dos grupos de bombeo para o lavado e filtros existentes por
outros de maior rendemento.

IMPORTE DA SUBVENCIÓN: 50.000,00€

Obra financiada no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 da Unión Europea

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver
Privacidad