Obxectivo: Creación dun parque infantil no núcleo de Cartelle

07 Mai Obxectivo: Creación dun parque infantil no núcleo de Cartelle

O noso alcalde, Jaime Sousa, tramitou a petición de reunión co Vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, co obxecto de facer unha solicitude para a creación dun parque infantil no núcleo de Cartelle.

As obras previstas, estimadas nun orzamento de execución de 59.476 €,   consistirán en:

  • Soleiras e solados
  • Muros de contención e,
  • Mobiliario e xogos

Dende o Concello de Cartelle somos optimistas de que a Xunta atenderá esta petición, para que os veciños e os seus cativos, podan gozar en breve dunha nova área de esparexemento e lecer.

Parque Infantil Cartelle

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver
Privacidad