Oferta de emprego: Auxiliar Administrativo

14 Dec Oferta de emprego: Auxiliar Administrativo

Achegamos as bases para a selección, mediante sistema de concurso, e posterior contratación dun Auxiliar Administrativo, en réxime de persoal laboral temporal a tempo completo para a substitución en período vacacional, colaboración nas distintas funcións administrativas e para outras tarefas provocadas por diversas circunstancias conxunturais.

Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes de xeito presencial, no modelo recollido nestas bases como Anexo I e o resto da documentación, ata o día 22 de decembro 2021, no Rexistro Xeral do Concello de Cartelle, Praza Toxal, 1, Outomuro, 32824 Cartelle, en horario de 09:00 a 14.00 horas, de luns a venres

Bases

Temario

Modelo de Instancia (Anexo I)

(23.12.2021) Resolución Lista Provisional de Admitidos/Excluídos 

(12.01.2022) Aprobación da lista definitiva de admitidos e excluidos para a contratación de persoal laboral temporal (Auxiliar Administrativo) e convocatoria da entrevista 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver
Privacidad