Os entroidos da provincia presentáronse en Cartelle

11 Feb Os entroidos da provincia presentáronse en Cartelle

O auditorio de Outomuro, recibiu hoxe ao Presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, quen,  acompañado do noso alcalde Jaime Sousa, presentou o programa provincial de entroidos 2020.

Máis de 15 días de celebracións, con 353 actividades en 45 localidades distintas, onde senlleiras figuras percorrerán 45 localidades distintas da nosa provincia ourensá: as Bonitas, os Galos, os Cigarróns, os Boteiros as Pantallas, os Peliqueiros, os Troteiros….algúns deles presentes hoxe neste acto.

Ver programa de entroidos da provincia de Ourense 2020

Presentación entroido 2020

Esta web utiliza cookies puedes ver aquí la política de cookies. Si continuas navegando estás aceptándola