31 Mai Plan CooperOU: Actividades físico-deportivas no Concello de Cartelle
O Concello de Cartelle foi beneficiario dunha achega de 15.000 € para a realización de actividades físico-deportivas, a través do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos Municipais (CooperOU), da Deputación de Ourense.
Unha aposta clara das dúas institucións, Concello de Cartelle e Deputación de Ourense, pola promoción e o acceso do rural ao deporte e á actividade física.
