28 Set “Plan ReActiva Ourense +45”
O “Plan ReActiva Ourense +45”, trátase dun programa de acompañamento activo para a reincorporación ao mercado laboral de persoas entre 45 e 60 anos da provincia de Ourense en situación de desemprego, que conta coa financiación da Deputación Provincial de Ourense.
O obxectivo fundamental é apoiar a persoas desempregadas entre 45 e 60 anos da provincia de Ourense que necesiten reincorporarse ao mercado laboral. Para elo deseñarase un itinerario formativo mellorando as habilidades e competencias no ámbeto dixital, co obxectivo de favorecer as posibilidades de inserción laboral.
A duración total é de 15 horas de formación en competencias útiles para a procura de emprego, tanto dixitais como offline, de xeito 100% Online a través da plataforma Zoom. Para o desenvolvemento das sesións accederase dende un ordenador ou tablet que dispoña de cámara e audio ou móbil con conexión a internet.
A participación é totalmente gratuíta, con prazas limitadas que se reservarán por rigorosa orden de solicitude. Pode realizar a súa inscrición abrindo o seguinte enlace: https://forms.gle/7ZHwD5R74oTt4TLd8
Podes ampliar a información dos contidos formativos neste documento: Programa Reactiva Ourense +45
A continuación indícanse as datas dos programas que se desenvolverán na nosa zona:
Para outras comarcas, este son os programas:
Tamén hai prazas dispoñibles na comarca de Ourense.
Para calquera dúbida, tamén chamar ao teléfono 988 391 110 ou enviarnos un correo electrónico cos seus datos a reactivaourense@ceo.es
Esperamos resulte do seu interese.