02 Abr Presentación da Serie “Arrieiros somos”
Na tarde de onte, en Outomuro, no auditorio municipal do Concello de Cartelle, tivemos a presentación de “ARRIEIROS SOMOS”, unha serie documental de Rubén Riós, que pon en valor a identidade de Galicia a través da visión e sabiruría de galegas e galegos lonxevos.
O propio Rubén Riós, actor e director ourensán, correu a cargo coa presentación do filme.
Un acto que tivo presente a música, tan arraigada no noso concello, coa actuación de Benito Villar (acordeón), Nabor Gómez (gaita) e Antonio Rodríguez “el Ferrador” (voz)