Programa COIDADOS PORTA A PORTA

coidados porta a porta no Concello de Cartelle

07 Abr Programa COIDADOS PORTA A PORTA

A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia pon en marcha o programa COIDADOS PORTA A PORTA, que percorrerá todos os concellos de Galicia para ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria.

Que servizos préstanse?

  • Servizo de podoloxía: Faise unha consulta básica; unha valoración do estado xeral do pé, un corte e limpeza de uñas, eliminación de durezas, callos e helomas.
  • Servizo de audioloxía: Valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
  • Servizo de estimulación da memoria: Un profesional realizará unha valoración cognitiva e proporcionará pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e minorar unha deterioración, en caso de habelo.

A quen vai dirixido?
Destes servizos poden beneficiarse todas as persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de maneira gratuíta.

Como leva a cada localidade?
Oito autobuses percorrerán as máis de 300 localidades con profesionais de cada unha das especialidades. Permanecerán entre tres e catro días en cada concello atendendo con cita previa.

Cando estará en Cartelle?
Os días 29 de abril, 2 e 3 de maio, o servizo COIDADOS PORTA A PORTA  estarán no no noso concello, fronte ao Auditorio de Outomuro.

Haberá tamén unha charla informativa, o día 29 de abril, ás 10 da mañá, nese mesmo lugar.

Como pido cita?
Pode solicitar cita previa no teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

Ver Tríptico informativo do Servizo Porta a Porta

Cartel programa Porta a Porta

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver
Privacidad