Programas de envellecemento activo

PRograma Maiores - Envellecemento activo Concello de Cartelle

06 Set Programas de envellecemento activo

No Concello de Cartelle, desenvolveremos nas próximas datas uns programas de actividades dirixidas a maiores de 65 anos que desexen activarse e lograr o seu benestar.
  • Programa “LER E GAÑAR”
É unha nova actividade grupal para maiores na que a través de lecturas e acompañamento dun experto, realizaranse encontros de desenvolvemento persoal e encontro entre iguais.
📍Local social Da Feira de Cartelle
🗓Luns, de cada 15, comezando o 12 de setembro
🕛 De 10:30 a 12:30 h
🖊Inscricións nas oficinas municipais onda Noelia Martínez (988 49 11 11)
  • Programa “HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES NO ADULTO MAIOR”
    • Talleres de desenvolvemento de memoria afectiva
    • Desenvolvemento da creatividade e a imaxinación a través da maxia
    • Intelixencia interpersoal
    • Coaching nutricional
📍Local social Da Feira de Cartelle
🗓Venres, días 9, 16, 23 e 30 de setembro
🕛 De 10:30 a 12:30 h
🖊Inscricións nas oficinas municipais onda Noelia Martínez (988 49 11 11)
Estes programas son apoiados pola Xunta de Galicia e desenvoltos polo Centro de Acompañamento Familiar Edith Stein (Instituto da Familia).
Programa Envejecimiento activo Cartelle
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver
Privacidad