02 Xul Proximamente, Curso de Fitosanitarios
Queres formarte no uso de produtos fitosanitarios?
Desde o Concello de Cartelle poñemos en marcha un Curso de Nivel Básico de Aplicación de Produtos Fitosanitarios de 25 horas.
Unha oportunidade para adquirir coñecementos, habilitarte para a súa aplicación e mellorar a túa capacitación no sector agrario.
A data e horario de celebración está pendente de concretar.
Para asegurar a túa praza, inscríbete xa no 988 491 111, ata o 6 de xullo de 2026.

