06 Out Próximo Obradoiro Atención Sociosanitaria
A Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria Terra de Celanova, promove o II Obradoiro de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais.Dirixido a 20 alumnos/ alumnas traballadores, este obradoiro terá unha duración dun ano, con inicio, previsiblemente, no 06/11/2023 e rematará o 05/11/2024.
Para participar no proceso de selección é imprescindible figurar inscrita/o como demandante de obradoiro de emprego na Oficina de Celanova do Servicio Público de Emprego de Galicia e cumprir algún dos seguintes requisitos:
- Título de Graduado en Eduación Secundaria Obrigatoria
- Certificado de profesionalidade de nivel 2
- Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional.
- Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou
ben superar as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas - Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos.
- Ter superado as competencias clave Nivel 2.