Recoñecemento “ouro” a Protección Civil de Cartelle

27 Out Recoñecemento “ouro” a Protección Civil de Cartelle

A Asociación Nacional de Agrupacións e Asociacións de Voluntarios de Protección Civil de España (ANAV Protección Civil), en atención aos méritos e servizos que foron acreditados , ven de outorgar a Placa ao Mérito Colectivo na categoría OURO, á Agrupación de Cartelle.

Un merecido recoñecemento a tanto traballo desenvolvido por voluntarios e voluntarias que ao longo de moitos anos teñen velado pola seguridade dos nosos veciños e visitantes, colaborando na organización de actos públicos, socorrendo accidentes, prestando o seu apoio en climatoloxía adversa e estando sempre cando se lles necesita.

O alcalde, a corporación e todos os que formamos parte deste concello, queremos aproveitar para agradecerlle a tódolos compoñentes da Agrupación de Protección Civil de Cartelle, a súa dedicación ao longo de todos estes anos.

Queremos tamén transmitirlles o noso orgullo por este recoñecemento que acaban de recibir, sen dúbida ben merecido. Parabéns!!!

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver
Privacidad