Recuperando o patrimonio de Cartelle

26 Out Recuperando o patrimonio de Cartelle

Os alumnos do obradoiro de emprego “Río Arnoia” afánanse na recuperación de patrimonio histórico do noso concello con distintos proxectos de rehabilitación.

Un exemplo das obras que   se están desenvolvendo é  a recuperación de muros, fontes e lavadoiros. Para estes traballos estase utilizando  pedra en desuso de casas en estado ruinoso e abandonadas sen posibilidade de restauración.

Deste xeito e segundo palabras do noso alcalde logramos “recuperar o patrimonio con pedra tradicional quitando un perigo da vía pública, como son as casas en ruínas dos pobos”.

Esta web utiliza cookies, puedes ver aquí la Política de Cookies