25 Xan Reforma do local social de Cartelle
No Concello de Cartelle vimos de reformar o local social cunha axuda da Xunta de Galicia dirixida á corrección de impactos paisaxísticos en equipamentos municipais.
Deste tipo de subvencións, tamén se puido beneficiar un veciño particular, que aproveitou para mellorar a estética e acondicionar a súa vivenda.
No día de onte, recibimos a visita do delegado territorial da Xunta de Galicia, Gabriel Alen Castro, quen puido comprobar de primeira man estas dúas intervencións realizadas que melloran substancialmente o impacto estético das edificacións.
Tal e como informamos hai uns días, actualmente e ata o 21/02/2022, está aberto Programa de axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a particulares.
Toda a información ao respecto e presentación de solicitudes en https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MT402A