
02 Xan Renovación de alumeado exterior
Dentro do programa de subvencións a entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono, no marco do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, efectuouse a renovación das instalacións de alumeado exterior nos seguintes lugares do Concello de Cartelle:
- Pazos
- Ella de Abaixo
- Couxil
- Ella de Arriba
- Miros
- Os Pumares
- Seixadelas e Seixadas
- Soutelo
- Vilar
- Doniz
- Anfeoz
- Piñeira