31 Mar Restaurada a pasarela da ruta do Santo
A pasarela de madeira da ruta do Santo vén de ser restaurada coa reposición e aseguramento dos elementos que resultaron afectados tras a última medra do caudal do río Arnoia.Invitamos pois, a percorrer este roteiro que ofrece unha oportunidade de conectar coa natureza e gozar das fermosas paisaxes coas que conta.