Saúdo do Alcalde

IMG-20171001-WA0003

Benvidos á páxina web do Concello de Cartelle.


Un espazo cuxo obxectivo principal é ofrecer unha vía de información e participación para todos os que vos decidides a visitala.


É pois, unha canle adaptada aos tempos. Co pretendemos estar máis preto que nunca dos veciños, e a través do cal, se así o considerades, involucrédesvos en traballar polo noso pobo, transmitindo con orgullo a paixón de ser cartellense, tanto como estou eu de representar ao concello.


A través da nosa páxina mostrámosvos o noso concello e as persoas que o integran, que teñen un decidido compromiso a favor dun desenvolvemento económico, social e cultural equilibrado co fin de construír un lugar mellor para os seus habitantes.


Teño a convicción de que este medio contribuirá ao noso desenvolvemento e á súa proxección cara ao exterior. Por iso, desde esta Alcaldía convídovos a visitala.


Jaime Sousa Seara, Alcalde de Cartelle

Esta web utiliza cookies puedes ver aquí la política de cookies. Si continuas navegando estás aceptándola