Seminario “Elaboración de xabóns e deterxentes”

Obradoiro elaboración de xabóns e deterxentes en Cartelle

29 Xuñ Seminario “Elaboración de xabóns e deterxentes”

O Grupo de Desenvolvemento Rural ADERCOU, xunto coa Escola de Hostalería e Turismo de Ourense, organizan un obradoiro  de Elaboración de Xabóns e Deterxentes para aprender a elaborar  produtos de limpeza naturais (xabóns e deterxentes), utilizando como materia prima entre outros,  aceites de refugallo, flora ornamental, plantas con  propiedades medicinais da zona, poñendo en valor tanto a sustentabilidade como a natureza da contorna.

O obradoiro terá  o mércores,  13 de xullo,  cunha duración de 4 horas, de 16:00 a 20:00 h., no Centro Ecuestre de O Mundil.

Prazas limitadas. Inscricións no 988 49 11 11, preguntando por Noelia.

Esta web utiliza cookies, puedes ver aquí la Política de Cookies