03 Abr Servizo de IMPRESIÓN DE DOCUMENTOS
Comunicamos a posta en marcha dun novo servizo de IMPRESIÓN DE DOCUMENTOS, para estudantes que non teñan posibilidade facelo dende a súa casa.
Os documentos deberanse enviar a concello.cartelle@eidolocal.es, indicando un teléfono de contacto e enderezo de entrega.
Unha vez impreso encargarémonos de achegar o material ao domicilio do remitente.
Este servizo manterase durante o período de confinamento provocado pola expansión do COVID-19.