
03 Abr Subvencións do Programa Rehaluga
A concesión das subvencións do Programa Rehaluga, está dirixido ás persoas propietarias ou usufrutuarias das vivendas incorporadas ao Programa de mobilización de vivendas para o alugamento.Poderán beneficiarse destas axudas as persoas físicas que sexan propietarias ou usufrutuarias das vivendas, e pola a súa vez, promotoras das actuacións subvencionables. Ademais, deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Estar ao día nas súas obrigas tributarias, estatais e autonómicas, e coa Seguridade Social, e non ter pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia no momento da concesión da subvención.
b) Non estar incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Procedemento VI426C Xunta de Galicia
Prazo de solicitudes: 04/04/2024 00:00 – 04/11/2024 23:59
Máis información en https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI426C