10 Mai Subvencións para gastos de investimentos de ASOCIACIÓNS VECIÑAIS
Convocatoria da Deputación de Ourense do concurso para a concesión de SUBVENCIÓNS PARA GASTOS DE INVESTIMENTO DE ASOCIACIÓNS VECIÑAIS DE OURENSE, correspondentes ao exercicio 2026.BENEFICIARIOS
Poderán ser beneficiarias das subvencións as asociacións veciñais que reúnan os seguintes requisitos na data de publicación no Boletín Oficial da Provincia da convocatoria regulada nestas bases:
a) Estar inscritas no Rexistro Provincial de Asociacións de Ourense, dependente da Xunta de Galicia.
b) Ter o seu domicilio social na provincia de Ourense, circunstancia que deberá constar na inscrición no rexistro da Xunta de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes:1/05/2026 – 01/06/2026
