Terra de Celanova na procura do distintivo Zona Azul de lonxevidade

Terra de Celanova na procura do distintivo Zona Azul

29 Mai Terra de Celanova na procura do distintivo Zona Azul de lonxevidade

O fundador das “Zonas Azules”, o belga Michel Poulain, experto en envellecemento e profesor da Universidade Católica de Louvian, quere coñecer de primeira man os factores determinantes da alta taxa de lonxevidade en Galicia.


Para elo fará un traballo de campo que iniciou cun encontro coa conselleira de Política Social, Fabiola García, representantes de distintos organismos públicos (Estatística, Sociedade Galega de Xeriatría…) e con rexedores das comarcas de Terra Lemos, Chantada, O Ribeiro, Deza e Terras de Celanova, entre os que se atopaba Jaime Sousa, rexedor de Cartelle e presidente da Mancomunidade.


O distintivo “Zona Azul” (ZA) identifica as áreas xeográficas nas que a súa poboación ten unha lonxevidade excepcionalmente alta.

Nos vindeiros días, recibiremos a visita de Michel Poulain, para valorar se reunimos os requisitos para ser “Zona Azul”, e sumarnos ao ranking das cidades que xa o teñen: Cerdeña (Italia), Okinawa (Japón), Nicoya (Costa Rica), Icaria (Grecia) e Loma Linda (California).
Agardamos conseguilo!!

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver
Privacidad