USO DE MAQUINARIA EN MONTE E ZONAS DE INFLUENCIA FORESTAL

Cartelle -Uso de maquinaria risco de incendio

30 Xuñ USO DE MAQUINARIA EN MONTE E ZONAS DE INFLUENCIA FORESTAL

Durante a época de alto risco de incendios (do 1 de xullo ao 30 de setembro), cando o Índice de Risco Diario de Incendio (IRDI) sexa moi alto ou extremo, autorízase a realización de actividades preventivas, silvícolas e agrícolas con maquinaria en terreos forestais e na súa zona de influencia, co cumprimento das seguintes obrigas e limitacións:

Entre as 12:00 e as 18:00 horas, será obrigatorio contar con:

  • Unha persoa auxiliar como observadora dos traballos.
  • Un vehículo con depósito de, polo menos, 400 litros de auga.
  • Dous batelumes.
  • Un extintor de 6 kg.
  • Unha mochila extintora de 15 litros.

En todo caso, o cumprimento destas medidas preventivas e das condicións establecidas pola normativa vixente non exime das responsabilidades que poidan derivar da provocación dun incendio forestal.

En caso de detectar un conato de incendio, avisa inmediatamente ao 085, ao 112 ou a través da aplicación Alume.

Extremar as precaucións é responsabilidade de todas e todos. Axudemos a protexer o noso monte.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver
Privacidad