13 Xuñ Verán en Cartelle: Programa de conciliación e actividades de lecer
O Concello de Cartelle organiza, para este verán, un programa de actividades dirixido á conciliación e lecer dos cativos e cativas do noso municipio:
ACTIVIDADES ACUÁTICAS NA PISCINA:
- PARA OS QUE SABEN NADAR: Martes e xoves, entre o 27 de xuño e o 31 de xullo de 2022, en horario de 11 a 14 h.
- INICIACIÓN Á NATACIÓN: Martes e xoves, entre o 22 de agosto e o 3 de setembro, en horario de 11 a 14 h.
- Máis información e inscricións, no teléfono 988491120
Prazo de inscricións, do 8 ao 22 de xuño de 2022 (Prazas limitadas)
PROGRAMA DE CONCILIACIÓN:
- ACTIVIDADES INFANTÍS (manualidades, xogos, lecer…), os luns, mércores e venres, entre o 27 de xuño ao 31 de agosto de 2022, en horario de 9 a 14 h.
Lugar: local social de Cartelle.
Dirixido a nenos e nenas de 4 a 14 anos. - Máis información e inscricións, no teléfono 988491120.
Prazo de inscricións, do 8 ao 22 de xuño de 2022 (Prazas limitadas)
CAMPAMENTOS “VERÁN DE DIVERSIÓN”
- Actividades de lecer (obradoiros, xincanas, xogos ao aire libre, excursións…), dirixidos a nenos e nenas de 4 a 13 anos.
- Haberá dúas quendas, na segunda quincena de xullo e na primeira quincena de agosto:
- Para reservar a segunda quincena de xullo, facer a inscrición dende o 27 de xuño ao 8 de xullo.
- Para reservar a primeira quincena de agosto, facer a inscrición dende o 11 de xullo ata o 22 de xullo.
- Prezo para empadroados 25 € e para non empadroados, 45 €
- Máis información e inscricións, no teléfono 988491120 (Prazas limitadas)