Vivenda social en réxime de aluguer

08 Mar Vivenda social en réxime de aluguer

O Concello de Cartelle oferta unha vivenda social en réxime de aluguer na localidade de Outomuro.

Principios xerais do procedemento de adxudicación:

A selección das persoas arrendatarias e a adxudicación da vivenda realizarase entre as unidades familiares e de convivencia que reúnan os requisitos establecidos nas presentes bases e de acordo cos seguintes principios e criterios:

  •  Publicidade, concorrencia competitiva, transparencia e obxectividade.
  •  Máxima adecuación das vivendas ás preferencias, características e composición da unidade familiar ou de convivencia.
  • Valoración das necesidades de emerxencia que precisen dunha urxente adxudicación.
  • Terán prioridade para ser adxudicatarias as unidades familiares ou de convivencia pertencentes aos colectivos prioritarios definidos nas bases da convocatoria, ou con necesidade urxente de vivenda nos casos de emerxencia social.

Prazo de solicitudes: Dez días hábiles a partir do día seguinte da  publicación no BOP.

Bases da convocatoria

Solicitude demandantes de vivenda social

Declaración complementaria á solicitude

Publicación no BOP

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver
Privacidad