28 Set 11 de outubro – Sergio Pazos traerá o seu humor a Cartelle
O recoñecido actor, Sergio Pazos, estará no Auditorio Municipal de Cartelle, o día 11 de outubro, ás 20:30, representando o seu monólogo “Afiando con humor”.
Levaranos a facer un percorrido pola actualidade, as peculiaridades dos galegos e outros moitos temas, coa retranca e o humor que o caracteriza.
Sen dúbida, un evento que non se pode perder ninguén!