Obradoiro: Educación emocional e sexual na familia

Obradoiro para familias - mancomunidade terra de Celanova

29 Out Obradoiro: Educación emocional e sexual na familia

A Consellería de Política Social e Xuventude, da Xunta de Galicia,  a través dos centros Quérote+ oferta para o curso 2022-2023 unha serie de obradoiros para  as familias dirixidos a  concellos e asociacións.

Na Mancomunidade Terra de Celanova, levarase a cabo o obradoiro 𝗘𝗱𝘂𝗰𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗲𝗺𝗼𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗹 𝗲 𝘀𝗲𝘅𝘂𝗮𝗹 𝗻𝗮 𝗳𝗮𝗺𝗶𝗹𝗶𝗮, dirixido ás familias con menores a cargo para,

  • Crear un espazo seguro para poder falar das dúbidas, preocupacións e dificultades da crianza sen sentimentos de culpa ou xuízos de valor.
  •  Dotar de coñecementos básicos para a educación sexual.
  •  Construción de ferramentas que axuden na xestión diaria da educación dos fillos e fillas.

A cita será na Mancomunidade, o día 16 de novembro, de 10:00 a 11:30h

  • Mais información e inscricións:
    Tel. 988 45 16 46
    Email: lucashermida@terradecelanova.es
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver
Privacidad