Cartelle recibe 8 ordenadores

10 Nov Cartelle recibe 8 ordenadores

A Asociación para o Desenvolvemento Rural Adercou fixo entrega de 8 ordenadores portátiles ao noso alcalde Jaime Sousa, co obxecto de reducir a fenda dixital  que é máis acentuada nas contornas rurais.

Dende o Concello de Cartelle poremos estes equipos informáticos á disposición da área de servizos sociais e dos colexios da nosa influencia para  facelos chegar a aqueles estudantes que o precisen.

Ordenadores cedidos por Adercou

Esta web utiliza cookies, puedes ver aquí la Política de Cookies