30 Ago III Maratón Feminino Concello de Cartelle-Outomuro
Un ano máis Cartelle foi o epicentro do fútbol sala ao celebrarse, no polideportivo de Outomuro, a III edición do Maratón Femenino Concello de Cartelle-Outomuro.
Un torneo que contou con equipos nacionais e lusos, no que Ourense On Time FSF, acadou o ansiado trofeo.
Dende o Concello de Cartelle, queremos transmitir o noso agradecemento aos organizadores, ás entidades e empresas colaboradoras, aos clubes participantes, ao público asistente e a todas as persoas que fixeron posible o bo desenvolvemento deste evento deportivo.