Novo parque infantil na antiga Feira de Cartelle

24 Nov Novo parque infantil na antiga Feira de Cartelle

O concello de Cartelle conta xa cun novo parque infantil na zona da antiga Feira.

A intervención permitiu ademais mellorar a contorna para esparexemento e lecer tanto de cativos como do resto dos nosos veciños.

Esta mañá contamos coa visita de Natalia Prieto, Directora Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia e Gabriel Alén, Delegado Territorial en Ourense, quen acompañados de Jaime Sousa, o noso alcalde, supervisaron estas instalacións, que contaron con financiamento da administración autonómica.

Esta web utiliza cookies, puedes ver aquí la Política de Cookies