25 Mar Información pública do Plan Básico Municipal
O pasado día 9 de marzo, autorizouse a Aprobación Inicial do Plan Básico Municipal do Concello de Cartelle, coa sinatura da Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez, no acto celebrado no Auditorio de Outomuro, en presenza do alcalde Jaime Sousa e o Delegado Territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.
O documento é o establecido pola Lei do Solo para concellos de menos de 5.000 habitantes que non teñen Plan Xeral de Ordenación Municipal, como é o noso caso.
Este Plan Básico Municipal permitirá a ordenación do territorio, especifica a normativa de edificación ademais de detallar as instalacións e edificios públicos e os bens do patrimonio cultural e natural do noso concello.
No día de hoxe, 25 de marzo, dáse publicidade formal ao Plan básico municipal do Concello de Cartelle coa publicación correspondente DOG, someténdoo así a información pública.
Consulta/descarga do Plan básico municipal do Concello de Cartelle
Prazo de alegacións: 2 meses