
16 Mai “COIDADOS PORTA A PORTA” en Cartelle
A Xunta de Galicia puxo en marcha o programa de Coidados porta a porta, que percorrerá os concellos de Galicia, para ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria.- Servizo de podoloxía: Faise unha consulta básica de podoloxía; unha valoración do estado xeral do pé; un corte e limpeza de uñas; eliminación de durezas, calos e helomas.
- Servizo de audioloxía: Valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
- Servizo de estimulación da memoria: Un profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.
A quen vai dirixido?
Destes servizos poderán beneficiarse todas as persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de xeito gratuíto.
A unidade móbil dos Coidados Porta a Porta, estará no noso concello os días 12, 13 e 14 de xuño de 2023, en horario de 9 da mañá a 8 da tarde, a carón do Auditorio de Outomuro.
Charla Informativa
O luns, 12 de xuño, ás 7 da tarde, ofrecerase unha charla informativa sobre os “Coidados Básicos do Oído”

