08 Nov “COIDADOS PORTA A PORTA” en Cartelle
A Xunta de Galicia puxo en marcha o programa de Coidados porta a porta, que percorrerá os concellos de Galicia, para ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria.
- Servizo de podoloxía: Faise unha consulta básica de podoloxía; unha valoración do estado xeral do pé; un corte e limpeza de uñas; eliminación de durezas, calos e helomas.
- Servizo de audioloxía: Valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
- Servizo de estimulación da memoria: Un profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.
A quen vai dirixido?
Destes servizos poderán beneficiarse todas as persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de xeito gratuíto.
A unidade móbil dos Coidados Porta a Porta, estará no noso concello os días 16, 17, 18 e 21 de novembro de 2022, en horario de 9 da mañá a 8 da tarde, onda o Auditorio de Outomuro.